Sunday 28 de April de 2024

Riveira foi o quinto concello galego que máis dedicou a investimentos reais en 2014


Segundo as liquidacións de orzamentos que publica Facenda

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas fixo públicas as liquidacións dos orzamentos dos entes locais de España correspondentes aos exercicio 2014.

Dos datos comunicados, despréndese que o Concello de Riveira foi o quinto municipio que máis dedicou a investimentos reais (é dicir á creación de infraestruturas e adquisición de bens) en Galicia: un total de 8.239.839 euros. Trátase dun dato moi significativo se se ten en conta que a cidade barbanzá ocupa o posto número 16 en canto a número de habitantes.

Tan só A Coruña (30.026.206 euros), Pontevedra (14.401.242 euros), Arteixo (8.475.389 euros) e Vigo (8.391.470 euros) superaron a Riveira en inversións na nosa comunidade autónoma.
A continuación están Ferrol (8.079.010 euros), Santiago de Compostela (6.747.473), Boiro (4.709.698), Lugo (3.906.488) e Ourense (3.906.488).

No ámbito da comarca de Barbanza, séguenlle a Riveira e a Boiro Porto do Son (1.864.708 euros), Noia (1.734.296), A Pobra (1.109.953), Lousame (480.730) e Rianxo (341.588).

Protección social
Outro dato salientable é o que se refire a actuacións de protección e promoción social Riveira: un capítulo onde o municipio riveirense ocupou un lugar destacado con 2.081.564 euros, o que lle permitiu liderar a comarca. Séguenlle Noia (1.159.122 euros), A Pobra (1.072.788 euros), Porto do Son (944.030), Rianxo (899.988 euros), Boiro (860.469 euros) e Lousame (498.448 euros).